Prof. Alejandro Guillermo

Prof. Alejandro Guillermo dirixindo

Os seus primeiros estudos musicais foron de guitarra clásica e linguaxe musical, obtendo o título en ambas especialidades no Conservatorio María Angélica Piola de Uruguai aos 16 anos.

Graduado no Instituto Artigas de Profesores de Montevideo na especialidade de Educación Musical no ano 1987.

Estudou piano, dirección coral e orquestral na Escola Universitaria de Música de Montevideo.

De 1983 a 2009, traballou como profesor de Educación Musical, director de coros e pianista acompañante na Educación Secundaria.

Ademais da formación académica antes mencionada, tamén contou cunha importante formación autodidacta e realizou numerosos cursos de perfeccionamento tanto en Uruguai como no estranxeiro.

A súa produción intelectual inclúe traballos de investigación, gravacións de CD, arranxos corais e composicións musicais propias.

Co Coro Pro-Música de Treinta y Tres, a Asociación Coral Procantus e a Coral Cantemus realizou varias xiras internacionais por América do Norte e Europa entre 1999 e 2008.

Dende principios de 2010, reside en España (Galicia), onde continúa traballando con dedicación exclusiva á dirección coral, o ensino musical e a composición musical.

Español | English | Galego
Queres saber máis? Contáctanos aquí
Voltar á páxina principal