Grupo Vocal e Instrumental Atlántico
Nace un outubro do ano 2010 co obxectivo de crear un grupo de voces mixtas de cámara cun perfil musical diferente ao das corais tradicionais, e ofrecer unha proposta variada e amena pero de alta calidade musical.
O seu repertorio nútrese da diversidade cultural que existe nas dúas beiras do océano do cal toma o seu nome, facéndose especial énfase na música española. Cronoloxicamente, o seu repertorio musical abrangue desde o século XV á actualidade.
Obtivo o seu recoñecemento como Asociación Cultural no ano 2011.
Nos seus 14 anos de existencia, só interrompida durante o ano 2020 a causa da pandemia da Covid, sumáronse máis de 100 presentacións por toda a xeografía de España e Portugal, sendo tamén un activo xerador de eventos musicais en Noia e concellos próximos.
Actualmente no Grupo Vocal e Instrumental Atlántico participan 15 cantantes, co formato tradicional de 4 voces mixtas.
O grupo está inscrito na Rede Cultural da Deputación da Coruña, e está asociado á Federación Coral Galega – FECOGA.
O director - fundador e principal arranxador do seu repertorio é o Prof. Alejandro Guillermo.